Historia do mundo contemporáneo


Save this PDF as:
 WORD  PNG  TXT  JPG

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "Historia do mundo contemporáneo"

Transcripción

1 Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Parte específica Historia do mundo contemporáneo Páxina 1 de 10

2 Índice 1.Formato e duración Exercicio...3 Pregunta Pregunta Pregunta Pregunta Solución completa con pautas de corrección e de puntuación...7 Pregunta Pregunta Pregunta Pregunta Páxina 2 de 10

3 1. Formato e duración A proba constará con catro preguntas cun número variable de cuestións. O exercicio terá unha duración estimada dunha hora e media. 2. Exercicio Pregunta 1 [2,50 puntos: 0,10 por cada causa e consecuencia; 0,10 máis por cada causa ben clasificada] Diferencie, entre os enunciados que se relacionan deseguido, as causas e as consecuencias da primeira Guerra Mundial. Sinale entre parénteses se as causas son profundas (remotas) ou inmediatas (próximas). Débeas diferenciar na táboa anexa. Tratado de Versalles Imperialismo Nacionalismo Configuración de alianzas: Tripla Alianza/Tripla Entente Crises balcánicas Reorganización do mapa europeo Paz Armada Revolución Industrial Ultimato de Austria a Serbia Formación da SDN Crises marroquís Rivalidades políticas entre as potencias europeas Revolución Rusa Asasinato do herdeiro austrohúngaro Depresión económica mundial. CAUSAS CONSECUENCIAS Páxina 3 de 10

4 Pregunta 2 Lea estes dous textos e conteste ás seguintes cuestións [3,00 puntos: 0,40 pola a); 1,40 pola b); 0,60 pola c); 0,60 pola d)]. Artigo 2.- A Comunidade ten como misión, mediante o establecemento dun mercado común, o achegamento das políticas económicas dos estados membros, a promoción do desenvolvemento harmonioso das actividades e económicas no conxunto da Comunidade, a expansión continua e equilibrada, o aumento da estabilidade, a elevación acelerada do nivel de vida e as relacións entre os estados que a forman. Tratado de Roma (25 de marzo de 1957) Artigo 2.- A Unión terá os seguintes obxectivos: Promover o progreso económico e social e un alto nivel de emprego e conseguir un desenvolvemento equilibrado e sostible, principalmente mediante a creación dun espazo sen fronteiras interiores, o fortalecemento da cohesión económica e social e o establecemento dunha unión económica e monetaria que implicará, no seu momento, unha moeda única consonte as disposicións do presente Tratado. Afirmar a súa identidade no ámbito internacional, en particular mediante a realización dunha política exterior e de seguridade común. ( ) Reforzar a protección dos dereitos e intereses dos nacionais dos seus estados membros, mediante a creación dunha cidadanía da Unión. ( ) Tratado da Unión Europea, asinado en Maastricht (7 de febreiro de 1992) Estes dous textos refliten dous momentos diferenciados na construción do proceso de unidade europea. a) Sinale as diferenzas que observe entre o tratado de Roma e o de Maastricht. Que cambios fundamentais houbo na concepción da unidade europea? Leváronse a cabo as formulacións de Maastricht? Razoe a súa resposta. b) Cite os países que subscribiron o Tratado de Roma. Houbo diversas ampliacións; cando se produciron e que países se integraron en cada unha delas? (cita un de cada ampliación). c) Sinale os beneficios e os problemas derivados da posta en marcha da unión monetaria. Que países da UE aínda non a aceptaron? Páxina 4 de 10

5 d) Cando se produciu a sinatura da última ampliación? Cite catro países dos que a asinaron. De que sistema político-económico procede a maioría deles? Pregunta 3 [1,50 puntos: 0,25 pola cuestión a); 0,50 pola cuestión b); 0,75 pola cuestión c)]. a) En que momento histórico situaría o deseño deste mapa? Cite o acontecemento relevante que propiciou o seu xurdimento e a súa cronoloxía. b) Os países deste mapa non tiñan todos o mesmo sistema político-económico. Que sistemas político-económicos había? Sinale no mapa o nome de tres países de cada un. c) Este mapa alterouse a partir de Que feito foi o detonante da súa modificación? Cite polo menos tres causas que propiciaron estes cambios. Sinale tres países que alteraran as súas fronteiras ou desapareceran como tales a partir desa data. Pregunta 4 Lea o texto seguinte e conteste ás cuestións formuladas [3,00 puntos: 0,95 pola cuestión a); 0,70 pola cuestión b), 0,60 pola cuestión c); 0,50 pola cuestión d)] A catástrofe nacional que se abateu sobre o pobo xudeu, a masacre de seis millóns de xudeus en Europa, demostrou a urxencia dunha solución ao problema deste pobo sen patria, mediante o establecemento dun Estado xudeu que abrirá as súas portas a todos os xudeus e converterá o Páxina 5 de 10

6 pobo xudeu nun membro de pleno dereito da familia das nacións. ( ) O 29 de novembro de 1947, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha resolución solicitando a creación dun estado xudeu en Palestina. ( ) En consecuencia, nós, membros do Consello Nacional representando a comunidade xudía de Palestina e o movemento sionista, unímonos aquí, neste día no que acaba o mandato británico e en virtude do dereito natural e histórico do pobo xudeu, e de acordo coa resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, proclamamos a creación do Estado xudeu en terras de Israel. David Ben Gurion, Du rêve à la réalité, a) Despois da 2ª Guerra Mundial as potencias vencedoras, reunidas na ONU, decidiron a creación do Estado de Israel. Que é a ONU? Cando se orixinou? Que países forman parte permanentemente do seu Consello de Seguridade? b) En que ano se creou o Estado de Israel e quen foi o seu primeiro Presidente? Por que se di no texto ( ) neste día no que acaba o mandato británico ( )? Que grave feito histórico propiciou a creación deste Estado? c) O estado xudeu situouse en Palestina, o que propiciou o enfrontamento cos habitantes da zona. Que enfrontamentos tiveron lugar entre os israelís e os árabes? Como reaccionou a comunidade palestina? d) O Estado de Israel debeu facer fronte desde 1987 á intifada palestina. Que é a intifada? Cal é a situación actual do conflito xudeu-palestino? Páxina 6 de 10

7 3. Solución completa con pautas de corrección e de puntuación Pregunta 1 a) Sinale causas e consecuencias [2,50 puntos: 0,10 por cada causa e consecuencia; 0,10 por cada causa ben clasificada como remota ou próxima]: R CAUSAS e Rivalidades políticas entre as potencias s europeas (remota) p Imperialismo o (remota) Revolución s Industrial (remota) t Paz Armada a (remota) Nacionalismos (remota) p Crises balcánicas a (próxima) Crises marroquís r (próxima) c Configuración de alianzas: Tripla Alianza/Tripla i Entente (próxima) a Asasinato l do herdeiro austrohúngaro (próxima) Ultimato de Austria-Hungría a Serbia (próxima) 1 CONSECUENCIAS Revolución Rusa Tratado de Versalles Depresión económica mundial Reorganización do mapa europeo Organización de SDN. Pregunta 2 a) Evolución na concepción da Unión Europea [0,40]: Resposta parcial 1 [0,20]: o Tratado de Roma pretende única e exclusivamente a creación dun espazo económico sen fronteiras. Porén, en Maastricht asúmese a consecución dunha verdadeira unión: económica (unión monetaria), social (cidadanía da unión) e política (defensa e política exterior comúns). Resposta parcial 2 [0,20]: as formulacións de Maastricht leváronse a cabo só dun xeito parcial. Existe unha cidadanía europea, a unión monetaria está en marcha (euro) pero non é asumida por todos os países. A política exterior e de seguridade común está lonxe de ser unha realidade (guerra de Iraq, por exemplo). Páxina 7 de 10

8 b) Fundación e ampliación das Comunidades Europeas [1,40]: Resposta parcial 1 [0,60: cada país 0,10]: o Tratado de Roma foi subscrito por Italia, Alemaña, Francia e o Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo). Resposta parcial 2 [0,80: cada ampliación e exemplo 0,10]: ata este momento realizáronse catro ampliacións: Dinamarca, Irlanda e Reino Unido en 1973; Grecia en 1981; Portugal e España en 1986; Austria, Finlandia e Suecia en c) A Unión Monetaria [0,60]: Resposta parcial 1 [0,30]: Beneficios: desaparición dos problemas cambiarios entre divisas; creación dunha moeda, o euro, capaz de competir co dólar; facilitación dos fluxos económicos... Problemas: inflación derivada da alza de prezos, propiciada polo redondeo; percepción psicolóxica de falso barato ; encarecemento das exportacións, coa conseguinte perda de competitividade... Resposta parcial 2 [0,30]: Dinamarca, Reino Unido e Suecia. d) Última ampliación [0,60]: Resposta parcial 1 [0,10]: a última ampliación tivo lugar o 1 de maio de Resposta parcial 2 [0,40: cada exemplo 0,10]: os estados son a República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania, Chipre, Hungría, Malta e Polonia. Resposta parcial 3 [0,10]: a maioría, dada a súa situación xeográfica, estaba baixo un sistema político-económico socialista (ou comunista). Pregunta 3 a) Cronoloxía e orixe do mapa [0,25]: ª Guerra Mundial. b) Sistemas político-económicos da posguerra [0,50]: Resposta parcial 1 [0,20]: capitalismo e socialismo ou comunismo. Resposta parcial 2 [0,30]: dado que teñen que sinalar nun mapa vai depender loxicamente dos coñecementos xeográficos dos alumnos e dos seus intereses. c) Modificación do mapa na actualidade [0,75]: Resposta parcial 1 [0,15]: a caída do Muro de Berlín. Resposta parcial 2 [0,30 puntos: cada causa 0,10]: a Perestroika: a distensión política (fin da Guerra Fría); desarme nuclear; nacionalismos; graves problemas económicos nos países da Cortina de Aceiro; ascenso ao poder na URSS de Mikhail Gorvachov; desvinculación da URSS,... Resposta parcial 3 [0,30 puntos: cada país 0,10]: o alumno podería sinalar URSS, Iugoslavia, Checoslovaquia, Alemaña... Podería sinalar tamén calquera república europea da ex-urss. Pregunta 4 a) A creación do estado de Israel: a ONU [0,95 puntos]: Páxina 8 de 10

9 Resposta parcial 1 [0,25]: ONU: Organización das Nacións Unidas. Esta organización tiña como obxectivo básico evitar unha nova guerra (2ª Guerra Mundial) e manter a paz e a seguridade internacional. Resposta parcial 2 [0 2]: a ONU xorde en abril 1945, antes de que remate a 2ª Guerra Mundial, na Conferencia de San Francisco. Resposta parcial 3 [0,50: cada país nomeado 0,10]: o Consello de Seguridade está formado permanentemente por China, Rusia (valería tamén a URSS, no contexto inmediato á guerra), Reino Unido, Francia e os Estados Unidos. b) Orixe e creación do estado de Israel [0,70 puntos]: Resposta parcial 1 [0,20]: o Estado de Israel xurdiu no ano 1948, o seu primeiro presidente foi David Ben Gurion. Resposta parcial 2 [0,25]: esta frase fai alusión ao sistema de dominio colonial tras a 1ª Guerra Mundial. Os antigos territorios do Imperio Otomán (caso de Palestina) foron entregados en mandato pola SDN a Gran Bretaña. Resposta parcial 3 [0,25]: o sentimento de culpa das potencias vencedoras pola súa actitude transixente coa Alemaña nazi antes da 2ª Guerra Mundial. Hitler, o dirixente alemán, e o partido nazi levaron a cabo unha política antisemita, o que levou a millóns de xudeus, como di o texto, a campos de concentración onde foron exterminados. c) Guerras árabe-israelís [0,60 puntos]: Resposta parcial 1 [0,40]: os enfrontamentos entre os árabes e os israelís son produto da descolonización. No momento en que GB abandona Palestina, proclámase o estado de Israel e dá comezo a 1ª Guerra Árabe-Israelí (1948); 2ª Guerra Árabe-Israelí (1956): invasión polo exército de Israel da península do Sinaí tras a nacionalización da canle de Suez por parte de Exipto (impedía o paso de barcos israelís); 3ª Guerra Árabe-Israelí ou Guerra dos Seis Días (1967): Israel ocupa os Altos do Golán en Siria, Cisxordania, Xordania e a península do Sinaí (Exipto); 4ª Guerra Árabe-Israelí ou Guerra do Yon Kippur (1973): ataque sorpresa de Siria e Exipto a Israel. A consecuencia máis importante desta guerra será a alza de prezos do petróleo por parte dos países árabes e, consecuentemente, o comezo da longa Crise do Petróleo dos anos 70; Guerras do Líbano ( ): Israel decide intervir neste conflito interno alegando motivos de seguridade. En 1982, invade o Líbano (matanzas de Sabra e Chatila). Resposta parcial 2 [0,20]: tras o desconcerto inicial os palestinos comezan a organizarse. En 1957, Yasser Arafat funda Al. Fath. En 1964, constitúese a OLP (Organización para a Liberación de Palestina). Lograron o apoio económico, político e militar dos países árabes e dos países do bloque comunista (contexto da Guerra Fría). Actuaban con tácticas guerrilleiras e con accións terroristas: secuestros de avións, matanza de deportistas xudeus nas Olimpíadas de Múnic (1972), etc. d) O actual enfrontamento xudeu-palestino [0,50 puntos]: Resposta parcial 1 [0,20]: a intifada é a sublevación e resistencia palestina á invasión xudía dos territorios de Cisxordania, Gaza, etc. Consistía en grupos de rapaces que se enfrontaban ao exército israelí arroxándolles pedras. Resposta parcial 2 [0,30]: o conflito recruouse a finais do ano 2000 (25 de setembro), cando Ariel Sharon (actual primeiro ministro israelí) decidiu visitar a explanada das Páxina 9 de 10

10 mesquitas de Xerusalén (visto como unha provocación polos palestinos e os musulmáns en xeral). Comezou así a segunda intifada e unha radicalización do conflito. Os atentados do 11 de setembro de 2001 non fixeron máis que avivar o conflito, o que motivou o levantamento dun muro de separación entre as comunidades palestina e israelí en Cisxordania e o recruamento do terrorismo palestino. Páxina 10 de 10

Sitemap